CAMPOS DE CUBA

CAMPOS DE CUBA

JARABA, FRAN

15,00 €
IVA incluido
No disponible
Editorial:
EDITORIAL XERAIS
Año de edición:
2004
ISBN:
978-84-9782-184-1
Páginas:
56
Encuadernación:
Rústica
Colección:
SIN COLECCION
15,00 €
IVA incluido
No disponible

Tras "Cita na Habana", o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece "Campos de Cuba", álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi Torres, estudante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota, segundo a súa propia definición. A estes títulos engádese agora o de desertor. Maxi vive na Habana baixo unha falsa identidade. No comezo desta aventura é capturado polos seus antigos compañeiros de exército e levado á fortaleza do Morro, onde está a agardalo un consello de guerra con trámite previo a un máis que probable fusilamento. Pero Maxi vaise rebelar contra o seu destino... cunha pequena axuda dos seus amigos. Tamén entrará en contacto con Chinito, un xefe mambí que anda argallando unha importante operación que pretende cambiar o curso da guerra. Ao remate, vai ser Maxi quen intente cambiar o curso da operación de Chinito.Campos de Cuba é, pois, a segunda entrega da serie que Fran Jaraba iniciara en 2000 con "Cita na Habana". Froito de catro anos de demorado e conciezudo traballo este novo libro de cómic supón a consolidación definitiva desta serie de Jaraba como a máis importante das publicadas ata hoxe en lingua galega.

Otros libros del autor

  • TIERRA LIBRE
    JARABA, FRAN
    Cuba, 1897. La isla vive sumida en una cruel guerra entre las tropas independentistas -los ' ' mambises ' ' - y el ejército colonial. La población campesina sufre especialmente la dureza del conflicto. Por orden del mando militar español es desalojada de sus casas y evacuadas a las ciudades, o internada en los llamados ' ' poblados de reconcen...
    No disponible

    15,90 €

  • CITA EN LA HABANA
    JARABA, FRAN
    No disponible

    14,60 €