POETÍZATE

POETÍZATE

ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA

FRAN ALONSO

13,50 €
IVA incluido
No lo tenemos, pero intentaremos consegu
Editorial:
EDITORIAL XERAIS
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-9914-250-0
Páginas:
224
Encuadernación:
Otros
13,50 €
IVA incluido
No lo tenemos, pero intentaremos consegu

A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate -que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo- é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.

Otros libros del autor

  • CARTAS DE AMOR
    FRAN ALONSO
    As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión soci...
    No lo tenemos, pero intentaremos consegu

    13,50 €

  • CIDADES
    FRAN ALONSO
    Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbren...
    No lo tenemos, pero intentaremos consegu

    9,95 €

  • CEMITERIO DE ELEFANTES
    FRAN ALONSO
    En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos -con frescura, humanidade e ironía- historias nocturnas e ur...
    No lo tenemos, pero intentaremos consegu

    20,50 €